PATTY CASTRO
PATTY CASTRO
  • Inicio
  • Información
  • Contacto

Crea tu propia página web con Webador


ÁRBORE DE LIGAZÓNS


VOCALISTA

Moi boas,
Son Patricia Castro Rivas, mais coñecida por Patty Castro,vocalista, locutora e creadora de contido dixital en galego.
Levo dende os 18 anos metida na industria musical, como vocalista de grupo de rock e metal, tales como D´TRANKIS, SALIDA DE EMERGENCIA, MEIGHA, NAO, OS JHON DEERES, RAIÑAS.E actualmente son a road manager de A BANDA DA LOBA, coas que tamén colaboro de forma musical.


PROMOTORA CULTURAL


GHALLAECIA METALFEST

 Ghallaecia Metalfest basease na irmandade existente entre Galiza e Portugal para crear unha ponte de unión entre ambas bandas do Minho.

Filipe Marta locutor do S.O.S. Heavy Metal Radio Show o programa de metal radio mais lonxevo en Portugal e Patty Castro vocalista e locutora de  podcast/ programa de radio Galiza Metálica, colaboran dende 2022 para facer visible o underground galego e portugués a través do seus programas. E grazas a colaboración que existe entre eles e debido o programa  de Galiza Metálica que realizan en común,pensaron en dar un paso más allá e realizar un festival de irmandade metalera entre Galiza e Portugal.

 


DIRECTIVA DE MÚSICAS AO VIVO


Son a secretaria e tesoureira de  Músicas ao Vivo  http://musicasaovivo.gal/
A asociación de músicos de Galicia, organizadora dos premios Martín Codax da Música Galega.

 Comecei este ano 2023 e teño por diante 4 anos cos meus compañeiros, Sheila Patricia, Pablo Lesuit, Tomy Diaz Xavi Castro e Silvia Penide para sacar adiante esta asociación da músicas da Galiza.

 


CREADORA DE MULLERES GALEGAS KAÑERAS


MULLERES GALEGAS KAÑERAS

En Maio de 2014 comecei un proxecto persoal de visibilización de mulleres músicas galegas, chamado Mulleres Galegas Kañeras,(MGK)

Conseguíndo a financiación para gravar dous temas propios con mais de 30 mulleres de toda Galicia, dous videoclips e un macking of de como se fixo todo o proceso.

Dende entón seguín a dar visibilidade nas redes sociais e actualmente teño o meu proxecto en tres medios de comunicación.

Un espacio de entrevistas a mulleres músicas galegas, MGK (mulleres galegas kañeras) no meu programa GALIZA METÁLICA.
https://galizametalica.taplink.ws/

Unha sección MGK no magazine musical e audiovisual.
GZ MÚSICA https://www.gzmusica.com/
en colaboración con NósTV no que fago entrevistas a mulleres ou grupos musicais que conteñan mulleres e canten en galego.

E unha sección MGK para dar visibilidade a grupos galegos que conteñan mulleres, e fagan rock ou metal ,como redactora na revista especializada en Rock e metal galego, ROUCOSON.https://roucoson.com/

 


LOCUTORA


GALIZA METÁLICA

Adícome  a presentar e dirixir dende 2021 a este programa en podcast  e radio , actualmente en 2023 é un programa semanal, está activo en varias plataformas  como IVOOX, SPOTIFY,GOOGLE PODCAST ,ITUNES E PODGALEGO  e sae cada luns en Antena Minho 106 FM.

Consta de varias seccións, con colaboradores e entrevistas a grupos, medios galegos que divulgan e fomentan este estilo musical e persoas que como propietarias de locais de ocio ou organizadoras de festivais fan posible unha escena metalera sana e forte. Conta coa sección de RoucoSón de Jacobo Mouriño (periodista e redactor desta publicación en prensa e guitarrista de Diovo e Mileth)e Cita co underground de Oscar Besteiro (guitarrista de Barbarian Prophecies e creador do festival Napalfest),  e a sección Mulleres Galegas Kañeras que fago eu mesma.

Actualmente comecei a facer un programa especial cultural onde se poden atoparan seccións de historia da Galiza, historia metal en galego, reseñas a audiovisuais e literatura e por último a sección de Metalizando a rapazada con Aldara e Ariadna  as miñas fillas que ofrecen cultura xeral sobre metal dedicado aos mais cativos.

Música e produción a cargo de Filipe Marta locutor e DJ Emperatore en Antenha Minho de Braga do S.O.S. heavy metal radio show.

 


CONTACONTOS EN GALEGO

Contacontos en galego nace da experiencia do meu  traballo como locutora , locutora e actriz de dobraxe.

Comeza en 2021 a súa andadura namentras me atopo na casa por mor dunha doenza, penso en poder locutar os contos da editorial OQO, gosto desta editorial por ter contido en galego e ofrecer unha seleción de clásicos e obras novas maxistralmente ben misturados.

Asi comeza a ir pouco a pouco a aparecer nunha canle en youtube e posteriormente nas plataformas de IVOOX , SPOTIFY e GOOGLEPODCAST, actualmente tamén pode atopararse en PODGALEGO.

O que pretendo e fomentar o uso do galego entre os mais cativos, e ademais fomentar o uso da música, pois en moitos contos pedinlle a Almudena Janeiro poder incluir algunhas das cancións que creou especialemte para este contos de OQO.

 


ACOUGA SOSEGO EN GALEGO

Debido a miña experiencia na locución , varias persoas achegadas o meu entorno pedironme este tipo de locucións por a necesidade de ter algo co que poder acompañar as súas meditacións e que fora en lingua galega.

Eu  estou acostumada a meditar e considero unha moi boa opción poder crear este contido na lingua galega.

Podes atopar as meditacións guisadas e os exercicicos de meditación para adultos e para nen@s nas diferentes plataformas de IVOOX, SPOTIFY, GOOGLE PODCAST e PODGALEGO.

 


Compartir Compartir Compartir Compartir
© 2023 - 2025 PATTY CASTRO
Con la tecnología de Webador